Secretaría

Publicación das listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria nos Ciclos Formativos para o curso 2018-2019 e prazos de matriculación


Mércores, 19 de setembro de 2018

a Dirección Xeral de Educación ven de publicar as listaxes da convocatoria extraordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 19 de setembro ata as 13:00 horas do venres 21 de setembro de 2018.

Réxime Ordinario

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

Réxime para persoas adultas

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Na 2ª adxudicación extraordinaria NON é posible solicitar a matrícula na praza adxudicada vía web, xa que logo as actividades lectivas xa comezaron e a incorporación ao centro debe ser inmediata tras a realización da matrícula.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Nota: no réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

 

Outras novas