A Consellería de Educación ven de abrir novo prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 25 de setembro ata as 13:00 horas do día 28 de setembro de 2018.
As persoas interesadas en matricularvos nun ciclo con prazas libres a única condición que tendes é a de cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
Tendes que formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes.
A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I. así como deberá presentar a seguinte documentación detallada no enlace da páxina web do IES Calvo Sotelo Documentación para Matriculación