Residencia

Obradoiro "Rompe el Silencio II"

cartel rompe o silencio ii.jpg

O vindeiro martes 23 de outubro ás 19:00 h terá lugar  un obradoiro sobre violencia sexual na infancia e adolescencia impartido pola Fundación Tierra de Hombres en colaboura coa Obra Social La Caixa, dirixido ó alumnado da Residencia do IES Calvo Sotelo.

O proxecto "Rompe el Silencio II" procura sensibilizar, visibilizar e paliar as consecuencias da violencia sexual a través da adquisición de coñecementos sobre os mecanismos de detección e protocolos de actuación existentes no caso de ser vítimas ou identificar un caso de posible violencia sexual.

Entre outros contidos trataranse: violencia de xénero, violencia sexual, violencia sexual en internet (violación da privacidade, sextorsión, cyberstalking, grooming), actuación ante unha agresión, denuncia, consecuencias da violencia sexual, detección...