Secretaría

Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza as FCT durante o 2018

becas_1.png
Luns, 29 de outubro de 2018

A Consellería de educación, na súa  Orde do 11 de outubro de 2018,  fixo pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 24 de abril de 2018.

O alumnado do IES Calvo Sotelo que realizou a formación práctica nun centro de traballo (FCT) durante o ano 2018 pode consultar as listaxes definitivas das/os beneficiarias/os destas axudas  no taboeiro de Secretaría do IES.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas podedes interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación no DOG (venres, 26 de outubro de 2018, DOG núm. 205) ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

 

Outras novas