Martes, 8 de xaneiro de 2019
O alumnado que rematou no mes de decembro de 2018 algún dos ciclos de formación profesional de grao medio ou superior impartidos neste centro poden proceder á tramitación do seu título na Secretaría do IES.
O alumnado que desexe tramitar o seu título deberá aboar previamente as taxas correspondentes á expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes as ensinanzas establecidas na Loe, podendo consultar os pasos a seguir para a súa expedición, ben no enlace da páxina do IES sobre tramitación de títulos , ben por teléfono 981252600, ou, ben achegándose á Secretaría do centro.