Secretaría

Punto Laranxa contra o acoso escolar no IES Rosalía Mera


29/02/2024

Este Punto Laranxa funcionará como un buzón (físico e virtual) a través do cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta  co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

 

Se estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo! 

NON QUEDES calad@, escoitámoste!

1º)  Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segur@.
2º)  Localiza o Punto Laranxa no noso centro (zona das galerías) 
3º)  Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).

 

Lembra que tamén podes enviarnos a túa mensaxe ao Punto Laranxa Virtual   

Outras novas