Aberta a inscrición para o torneo de Fútbol Sala 2023 - 2024, poderá participar o alumnado e o persoal do IES Rosalía Mera.
Desde hoxe e ata o 3 de novembro incluído poderanse inscribir os equipos e árbitros interesados en participar no torneo. A continuación están as ligazóns ás inscricións en liña:
Tamén estará dispoñible en conserxería a inscrición en papel, neste caso débese cubrir e entregar de novo en conserxería.
Unha vez finalizado o período de inscrición, a organización establecerá os grupos e o calendario de competición da fase de grupos, así como designará os/as árbitros para cada encontro.
Podedes consultar as bases de participación premendo a seguinte ligazón:
Para calquera dúbida podedes contactar coa organización (persoal da Residencia IES Rosalía Mera).