Residencia

EXPRÉSATE: BULLYING

cartel-bullying-7-novembro-2023.jpg

O vindeiro martes 7 de novembro na actividade Exprésate, o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera terá a oportunidade de conversar, compartir experiencias e puntos de vista sobre a lacra social do bullying.

Esta actividade pretende ser un espazo aberto onde os/as residentes poidan ser escoitados, escoitar e poñer en común as súas vivencias no día a día tanto persoais como da súa contorna, co fin de sensibilizar sobre o enorme problema que supón o bullying en todas as súas vertentes. Sobre a importancia da prevención entre iguais, a prevención desde a contorna familiar e escolar, etc... fronte ao tabú que supón e as políticas reactivas, que frecuentemente son máis de imaxe que efectivas.

Ademais de incidir no feito de que todas as persoas teñen dereito a sentirse seguras e libres, sen medo a que lles fagan dano e que poidan desenvolver todo o seu potencial como persoas nun clima de confianza e sa autoestima.

É de suma importancia entender que previndo o bullying e a normalización da violencia estamos a atallar condutas como a violencia de xénero, o mobbing ou a delincuencia xuvenil.