Con motivo da celebración, o 25 de novembro, do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, durante toda a semana, faranse diferentes actividades relacionadas coa temática na Residencia do IES Rosalía Mera.
Este ano elaborarase un mural onde o alumnado residente plasmará situacións de violencia contra a muller vividos en primeira persoa, como parte dun proceso de deconstrución persoal que se traballará no obradoiro semanal “Expresando”.