A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de abrir desde o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 18 de xullo ata as 13:00 horas do día 24 de xullo de 2018.
Nota: Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
Importante: As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Se non participástedes no proceso de admisión e/ou non vos adxudicaron praza en ningún ciclo formativo tedes a opción de matricularvos nalgún dos ciclos formativos que teñen prazas vacantes.
Podedes consultar os seguintes enlaces onde aparecen os ciclos formativos con prazas vacantes por centro educativo de FP:
Réxime ordinario