A Dirección Xeral de Educación ven de publicar o calendario do período de admisión para o curso 2018-20119 nas ensinanzas de FP Básica
O alumnado que cumpra os requisitos para acceder á FP Básica deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante segundo o anexo I.
Desde o luns 3 ata as 13.00 horas do martes, 11 de setembro de 2018
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Para máis información podedes pinchar en FP Básica