Secretaría

ABERTO O PERÍODO EXTRAORDINARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN NOS CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

prazo extraordinario admision ciclos formativos.jpg
Mércores, 5 de setembro de 2018

A Dirección Xeral de Educación abriu o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 11 ás 13:00 horas.

 

 

Onde se realiza a solicitude?

As persoas interesadas en entrar no proceso de admisión destas ensinanzas deberán facer a solicitude vía web da Xunta, na seguinte ligazón da  Asistente informático (Solicitude web) podendo consultar tamén as Instrucións sobre como realizar a solicitude web.

Onde podedes consultar os ciclos dispoñibles
do IES Calvo Sotelo e demais centros?

Pinchando na seguinte ligazón da Xunta Información de ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera (para o período extraordinario de solicitudes de setembro)

 

Nota: Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas o 3 de setembro e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.

Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte "Oferta de FP" no menú lateral), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.

 

Para maior información sobre este proceso podedes acceder  á páxina da Xunta pinchando o seguinte enlace 

 

Outras novas