A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ven de convocar becas de carácter xeral para o curso académico 2018-2019 para o estudantado que curse estudos postobrigatorios. Convocatoria xeral de becas e axudas para estudos postobrigatorios 2018-2019
O PRAZO DE SOLICITUDE DE BECAS DE ESTUDO ESTÁ ABERTO ATA O DÍA 1 DE OUTUBRO DE 2018
O alumnado matriculado nun ciclo de Formación Profesional: Básica, Grao Medio ou Superior que desexe solicitar unha beca de estudos para o curso 2018-2019 do Ministerio de Educación e Formación Profesional deberá tramitala a través do servizo online da páxina web deste Ministerio.
As persoas interesadas en presentar solicitude de beca poden acceder á páxina do Ministerio desde a seguinte ligazón: BECAS 2018-2019