Residencia

OBRADOIRO DE TOTE BAGS

cartel-obradoiro-tote-bags-outubro-2023.jpg

Hoxe luns 26 de Outubro de 2023, o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera terá a ocasión de deseñar unha tote bag ao seu gusto para poder lucir no día a día ou en ocasións especiais.

Esta semana continuamos coa actividade Recreando coa creación de tote bags, poderán deixar voar a súa imaxinación e dar renda solta a súa creatividade para crear desde cero o deseño e a continuación plasmalo na tote bag. 

A semana pasada comezamos coa actividade para este curso cun obradoiro de creación con feltro no que puideron preparar os seus propios proxectos, desde o deseño á creación do mesmo realizando os seus propios obxectos desde chapas, estoxos, chaveiros, etc.