Secretaría

ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO DE 1º CURSO DE FP BÁSICA. CURSO 2023-2024


Mércores, 26 de xullo de 2023

O alumnado ao que se lle adxudicou unha praza nun dos ciclos formativos de FP BÁSICA DO IES Rosalía Mera deberá realizar a matrícula na secretaría do centro educativo desde o 24 ao 31 de xullo.

 

As persoas interesadas poden acceder ao seguinte enlace da páxina da consellería  de educación para ver se lles adxudicaron praza nalgún centro► Lista de prazas de FP Básica adxudicadas

IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR ALTA DE MATRÍCULA:

Impreso de matrícula en FP Básica 

 

NOTA: O alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal e no caso de estar separad@s @s proxenitores deberán estar asinada por ambos, tendo que achegar copia do convenio regulador ou sentencia de divorcio).

 

►Autorización para saídas, uso de imaxe, creación de conta G-Suite e cesión de datos alumnado

►Documentación:

  • 3 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • Fotocopia DNI (+ DNIes nai e pai en  caso de menores de idade)
  • Fotocopia do convenio regulador e/ou sentencia de divorcio (en caso de separación ou divorcio)
  • Certificación do expedente académico
  • Comunicación de incorporación á FP Básica ( modelo anexo IV)
  • Informe facultativo e resolución de recoñecemento do grao de discapacidade  (para o alumnado que accede pola cuota de diversidade funcional)

 

 

 

Outras novas