Secretaría

Aberto o prazo para Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes


Xoves, 20 de setembro de 2018

A Consellería ven de abrir o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 20 de setembro ata as 13:00 horas do día 21 de setembro de 2018.

As persoas interesadas en matricularvos nun ciclo con prazas libres a única condición que tendes é a de cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

 

oNDE TENDES QUE PRESENTAR A MATRÍCULA?

 Tendes que formalizar  a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes.

A matrícula realizarase por orde de chegada.

 

impresos e documentación para a matriculación no ies calvo sotelo

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I. así como deberá presentar a seguinte documentación detallada no enlace da páxina web do IES Calvo Sotelo Documentación para Matriculación

 

LISTAXE DE CICLOS FORMATIVOS DE FP CON PRAZAS LIBERADAS OU VACANTES

Réxime ordinario

Outras novas