Secretaría

Ábrese o prazo de matrícula para Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes do 25 ao 28 de setembro de 2018

prazas liberadas.jpg
Luns, 24 de setembro de 2018

A Consellería de Educación ven de abrir novo prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 25 de setembro ata as 13:00 horas do día 28 de setembro de 2018.

As persoas interesadas en matricularvos nun ciclo con prazas libres a única condición que tendes é a de cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

 

ONDE TENDES QUE PRESENTAR A MATRÍCULA?

 Tendes que formalizar  a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes.

A matrícula realizarase por orde de chegada.

 

IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN PARA A MATRICULACIÓN NO IES CALVO SOTELO

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I. así como deberá presentar a seguinte documentación detallada no enlace da páxina web do IES Calvo Sotelo Documentación para Matriculación

 

LISTAXEs DE CICLOS FORMATIVOS DE FP CON PRAZAS LIBERADAS OU VACANTES no réxime ordinario:

 

Outras novas