Martes, 16 de outubro de 2018
A Consellería de Educación ven de publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2018 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como as datas de celebración das probas e o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.
As persoas interesadas podedes consultar a listaxe de persoas admitidas para a realización das probas e as datas de celebración das mesmas nos seguintes enlaces:
Nota: Cada proba terá dous chamamentos, o da 1ª parte ás 10.00 horas e o da 2ª parte ás 11.45 horas.