PERSOAS QUE QUEREN SOLICITAR UN CICLO FORMATIVO
1º) Presentación solicitude de admisión vía web:
PRAZO: DO 23 DE XUÑO AO 5 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
LUGAR: https://www.edu.xunta.gal/fp/
2º) Presentación de solicitude de matrícula (no caso de que lle adxudiquen algunha praza)
LUGAR e PRAZO: no centro onde lle adxudiquen e no prazo que lle corresponda segundo sexa 1ª adxudicación (do 19 ao 24 de xullo), 2ª adxudicación (do 27 ao 31 de xullo) ou 3ª adxudicación (do 1 ao 6 de setembro)
Alumnado de 1º CURSO QUE REPITE (por 1ª vez)
O alumnado matriculado nalgún dos ciclos formativos que non superou o 1º curso e queira volver matricularse no IES Rosalía Mera deberá facer previamente unha reserva de praza para o curso 2023-2024 a través da solicitude web da Consellería de Educación e presentar solicitude de matrícula na secretaría do centro, nos prazos abaixo indicados:
1º) Presentación solicitude de admisión vía web:
PRAZO: DO 23 DE XUÑO AO 5 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
LUGAR: https://www.edu.xunta.gal/fp/
2º) Presentación de solicitude de matrícula:
PRAZO: DO 19 DE XULLO AO 24 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
LUGAR: Secretaría do IES Rosalía Mera
Alumnado de 1º CURSO QUE PROMOCIONA a 2º CURSO e Alumnado QUE REPITE 2º CURSO (por 1ª vez)
Presentación de solicitude de matrícula:
PRAZO: DO 23 DE XUÑO AO 5 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
LUGAR: Secretaría do IES Rosalía Mera
PARA MÁIS INFORMACIÓN ►Admisión ciclos formativos. Curso 2023-2024
Nota para o alumnado procedente doutro centro
O alumnado que proceda doutro centro de ensino e queira solicitar matrícula en 2º curso DEBERÁ presentar previamente solicitude de admisión (Anexo I) na Secretaría do centro entre o 23 de xuño e o 5 de xullo, e no caso de adxudicarlle praza o centro terá que presentar a solicitude de matrícula entre o 19 de xullo e 24 de xullo.