Residencia

MAGOSTO 2023

cartel-magosto-15-novembro-2023-01.jpg

O vindeiro mércores 15 de novembro celebrarase o tradicional Magosto na Residencia IES Rosalía Mera.

Como cada ano realizaranse diferentes actividades para celebrar o Magosto. O alumnado residente poderá participar nunha chea de xogos tradicionais (chave, ra, sacos, soga - tira, tres en raia, jenga, aro - guía, zancos, mikado...) amosando a súa habilidade e retando aos seus compañeiros/as para ver quenes son os reis da competición. Ás 21 h poderán degustar unha cea especial a base de empanada, embutidos, croquetas e tortilla; para rematar cunha degustación de castañas asadas. Un día para celebrar nun ambiente distendido e lúdico, amenizado con música tradicional en directo.