A Consellería de educación ven de trasladarnos os prazos do proceso de admisión e matriculación en FP Básica para o curso 2023-2024.
NOTA: os procesos de solicitude de incorporación e de admisión á ciclos formativos de grao básico do alumnado da ESO serán tramitados polo centro de orixe deste alumnado.
A matrícula deste alumnado de nova incorporación deberá formalizarse no centro de destino a partir do 24 de xullo.
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE VAI REPETIR (por 1ª vez)
Prazos para solicitar preinscripción : DO 26 DE XUÑO AO 6 DE XULLO
Lugar: Secretaría do IES Rosalía Mera
Prazos para presentar matrícula: DO 24 AO 31 DE XULLO
Lugar: Secretaría do IES Rosalía Mera
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE QUERE SOLICITAR OUTRO PERFIL PROFESIONAL
Prazos para solicitar admisión : DO 26 DE XUÑO AO 6 DE XULLO
Lugar: Centro educativo que oferta o perfil profesional que quere solicitar
NOTA: este alumnado NON TEN GARANTIDA A PRAZA NO CENTRO E CICLO QUE SOLICITA
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE PROMOCIONA a 2º e alumnado QUE VAI REPETIR 2º CURSO
Prazos para presentar solicitude e matrícula: DO 26 DE XUÑO AO 6 DE XULLO
Lugar: Secretaría do IES Rosalía Mera
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE PROMOCIONA a 2º e alumnado QUE VAI REPETIR 2º CURSO E QUERE CAMBIAR DE CENTRO
Prazos para presentar solicitude e matrícula: DO 26 DE XUÑO AO 6 DE XULLO
Lugar: Centro educativo onde quere solicitar praza
NOTA: este alumnado NON TEN GARANTIDA A PRAZA