A partir de hoxe os residentes da residencia do IES Calvo Sotelo poderán poñer a proba a súa destreza e imaxinación coa creación de adornos do Nadal.
Estes obradoiros farán fincapé na premisa das 3R "reducir, reutilizar e reciclar", de tal maneira que ademais de facer uns bonitos adornos do Nadal para decorar a residencia, fomentaremos o coidado do medio ambiente e o consumo responsable.
Utilizaremos materiais que podemos atoparnos na nosa vida cotiá e a nosa contorna como revistas, catálogos, paus, piñas...