Realizarase unha reunión informativa e atenderanse rogos e preguntas relativos ós servizos de residencia.
Os/as residentes admitidos/as para a súa incorporación, o luns 17 de setembro de 2018, terán os seguintes horarios para instalarse e que as súas familias visiten as habitacións se o estiman oportuno:
- 9:00 a 9:45 h (horario recomendado de incorporación no caso de asistir á reunión, para poder deixar a equipaxe xa na habitación).
- 13:00 a 14:45 h
- 15:30 a 20:30 h
Fóra destes horarios as familias non poderán acceder ás instalacións de residencia por motivos organizativos e de privacidade dos/as residentes.
Rógase non asistir ás reunións ou actos inaugurais ca equipaxe, entrar con ela só no momento de instalarse na habitación nos horarios estipulados enriba.
Lémbrase ós/ás residentes que o horario do xantar é ás 14:50 h e o horario da cea ás 20:50 h.
Para calquera consulta sobre os servizos de residencia durante o curso quedan a disposición dos/das residentes e familias os seguintes teléfonos:
Móbil Residencia
650 783 527
Centralita IES Calvo Sotelo
981 252 600