Residencia

ACTIVIDADES SAMAÍN

cartel-obradoiro-cabazas-23-outubro-2023-01.jpg

Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera terá a oportunidade de participar en diversas actividades con motivo da próxima celebración do Samaín. As actividades a desenrolar son: un obradoiro de decoración de cabazas, un obradoiro de cociña e unha actividade de rol en vivo.

Comezaremos durante esta semana, para ir quentando motores, co taller de decoración de cabazas. Os/as participantes poderán aplicar distintas técnicas para a decoración das súas cabazas como o carvado ou o pintado das mesmas e engadirlle detalles con distintos materiais como: feltro, goma eva, teas, fíos, chinchetas... ou calquera outro material dispoñible que lles permita decorar a cabaza ao seu gusto.

 

 

Xa a segunda semana realizarase un obradoiro de cociña, no que prepararán desde cero unhas galletas de pantasmas e uns ollos deliciosamente monstruosos.

 

 

E para rematar, o xoves 2 de novembro celebrarase unha actividade moi especial de rol en vivo, onde o IES Rosalía Mera e a residencia do centro converteranse nun Psiquiátrico. Unha actividade terroríficamente divertida.