Residencia

RISOTERAPIA

cartel risoterapia 17 outubro 2023-01.jpg

Mañá martes 17 de Outubro de 2023 comeza a actividade Exprésate cun obradoiro de Risoterapia. Está dirixido a todo o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera interesado en participar.

Nesta sesión de risoterapia grupal búscase producir un beneficio a nivel mental e emocional. A risa axuda a liberar tensións a través de xogos, expresión corporal, danza, exercicios de respiración... Este método condúcenos ata a risa franca, achegándonos múltiples beneficios para o noso corpo - mente e unha infinidade de sentimentos positivos ao finalizar a sesión.