Secretaría

Publicación de listaxes de becas concedidas para o curso 2017-2018

images1.png
20 de abril de 2018

Con data do día 18 de abril publicáronse na páxina web do Ministerio as listaxes definitivas de bolseir@s que conteñen as relacións de solicitantes que resultaron beneficiari@s da convocatoria xeral de becas para estudos non universitarios do actual curso 2017/18.

Para consultar estas listaxes de beneficiari@s, ou calquera outro dato sobre becas,  podedes acceder desde a seguinte ligazón:
http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/estudios-no-universitarios.html



 

De acordo co artigo 50.8 da convocatoria, enténdese que quedan denegadas todas aquelas solicitudes presentadas que non figuren nestas listaxes.
 
A Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se resolve esta convocatoria, pon fin á vía administrativa. O prazo para a interposición dos recursos comezará o día seguinte ao da publicación das devanditos listaxes. Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 19 de abril e finaliza o 18 de maio de 2018.
 

As listaxes de beneficiari@s están desagregadas por provincias. Deberá seleccionar aquela na que se atope o centro de estudos. Desde aquí podedes acceder á listaxe da Coruña

 

Outras novas