Secretaría

Publicadas as listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de FP curso 2018-2019


venres, 6 de xullo de 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar as listaxes provisionais de solicitantes a Ciclos Formativos de Formación Profesional para o curso 2018-2019, en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

Pincha na listaxe provisional que se corresponda co réxime e modalidade que solicitache para saber se estás dentro do proceso de admisión. Se non apareces na relación de solicitantes e desexas presentar unha reclamación á listaxe provisional  podes facelo desde hoxe, venres 6, ata o martes, 10 de xullo ás 13.00 horas. Recorda que a reclamación deberase realizar no centro onde presentache a instancia.

Réxime ordinario

  
Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

 

Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.

Outras novas