Secretaría

Aberto o prazo de matrícula en Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes de Formación Profesional curso 2018-2019

3b2e0e8f65890eb95f69abaa6ff775f9_l.jpg
mércores, 18 de xullo de 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de abrir desde o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 18 de xullo ata as 13:00 horas do día 24 de xullo de 2018.

Nota: Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

Importante: As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Se non participástedes  no proceso de admisión e/ou non vos adxudicaron praza en ningún ciclo formativo tedes a opción de matricularvos nalgún dos ciclos formativos que teñen prazas vacantes.

Podedes consultar os seguintes enlaces onde aparecen os ciclos formativos con prazas vacantes por centro educativo de FP:

Réxime ordinario

Outras novas