Secretaría

24 de XULLO, Último día de matrícula en ciclos formativos de FP. 1ª adxudicación. Convocatoria ordinaria. Curso 2018-2019

data matricula. ultimo dia.png
Luns, 23 de xullo de 2018

Recordamos que o prazo de matrícula ou renuncia das persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas na 1ª adxudicación da convocatoria ordinaria. Curso 2018-2019 remata o martes 24 de xullo de 201, ás 13.00 horas.

Asimesmo, o 24 de xullo ás 13.00 horas, remata  o prazo para matricularse aquelas  persoas interesadas en formalizar a matrícula nun centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes.

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Outras novas