Secretaría

Aberto o prazo de matrícula en Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes de Formación Profesional curso 2018-2019


Luns, 30 de xullo de 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de abrir o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 30 de xullo ata as 13:00 horas do día 31 de xullo de 2018.

Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación extraordinaria.

 

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario

 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

Outras novas