Residencia

OBRADOIRO DE ORGANIZADORES

cartel-organizadores-11_1_24.jpg

O 11 de Xaneiro de 2024 realizarase un obradoiro dentro da actividade Recreando para comezar este novo ano, onde o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera interesado poderá aprender a crear os seus propios organizadores.

Neste obradoiro os/as residentes poderán crear un organizador adaptado ás súas necesidades, preferencias e gustos; participando en todo o proceso desde o bosquexado - deseño, elección de cores e materiais, elaboración das diferentes partes do organizador, ensamblaxe das partes e toques decorativos finais. Dando renda solta a toda a súa creatividade.