Martes, 20 de xullo de 2021
O alumnado con praza adxudicada nalgún dos ciclos formativos do IES Rosalía Mera deberá realizar a matrícula na secretaría deste centro educativo no prazo que abrangue desde o MARTES 20 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS DO LUNS 26 DE XULLO DE 2021.
IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR ALTA DE MATRÍCULA
►Impreso matrícula 1º curso:
- Solicitude de matrícula /renuncia (presencial) en praza adxudicada ( (no caso do alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal e no caso de estar separad@s @s proxenitores deberán estar asinada por ambos, tendo que achegar copia do convenio regulador ou sentencia de divorcio).
- Para solicitar matrícula en prazas liberadas empregarase o ANEXO I
►Documentación:
- 3 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
- Fotocopia DNI (+ DNIes nai e pai en caso de menores de idade)
- Certificación académica do último curso realizado
Para máis información sobre o proceso de matriculación podedes acceder ao seguinte enlace Tramitación de matrículas