Con motivo da celebración o 25 de novembro do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, durante toda a semana, faranse diferentes actividades relacionadas coa temática na Residencia do IES Rosalía Mera.
Este ano o alumnado residente tratará de plasmar, coa gravación de diferentes curtos, típicas actitudes de violencia cara á muller.
Na actividade semanal "Expresando" os/as residentes participantes falarán e debaterán sobre este tema.
E para pechar a semana farase unha proxección da película "Te doy mis ojos".
Así mesmo, durante toda a semana proxectarase na pantalla do hall de entrada do IES unha campaña relacionada con este día internacional.