Os próximos días a Residencia IES Rosalía Mera levará a cabo diferentes actividades antes do inicio das vacacións de nadal.
No obradoiro "Expresando" traballarase sobre o tema do consumismo moi ligado entre outros a esta época do Nadal na que nos atopamos inmersos.
Como cada ano farase unha saída ao centro da cidade para gozar cos/as compañeiros/as das luces e o ambiente festivo que asolaga a cidade.
O xoves celebrarase unha merenda especial cunha chocolatada acompañada de churros e darase a coñecer a foto gañadora do certame fotográfico "Un rural de foto"; para finalizar o día cunha proxección da película "Pesadelo antes de nadal".
Como colofón celebrarase unha comida especial o luns 20 e acabaremos as celebracións con inchables, onde poderán gozar dun intre de diversión e alegría cos seus compañeiros/as.