Residencia

SEMANA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

cartel-semana-diversidad-funcional-novembro-2022-01.jpg

Durante a semana, o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera participará en varias actividades, con motivo da celebración o día 3 de Decembro do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.

Durante toda a semana poderán participar na actividade "Baixo o mesmo Paraugas", onde a través de instantáneas con diferentes paraugas de distinto tipo e colorido búscase dar visibilidade a unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.

Doutra banda, poñerán a proba a súa destreza ante diferentes situacións pero dunha maneira á que non están afeitos/as, poñéndose na pel de persoas con diversidade funcional: desde simplemente camiñar sen ver con axuda dun guía, xogar ao baloncesto ou voleibol sentados... así como, practicando o Goalball que é o único deporte paralímpico creado específicamente para persoas cegas ou con discapacidade visual.