Secretaría

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA CICLOS DE FP CON PRAZAS VACANTES


Venres, 1 de setembro de 2023

A Consellería de educación ven de abrir  o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 1 de setembro ás 9:00 horas ata o día 8 de setembro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Podedes consultar os ciclos formativos nos que quedan prazas dispoñibles accedendo á páxina da Consellería de Educación no seguinte enlace:
 

CICLOS FORMATIVOS CON PRAZAS LIBRES (GRAO MEDIO E SUPERIOR)

 

Outras novas