O vindeiro mércores 28 de novembro terá lugar o tradicional Magosto para os/as residentes do IES Calvo Sotelo.
O IES Calvo Sotelo ofrecerá unha cea especial para festexar o Magosto, dirixida ós/ás residentes no centro. A cea terá lugar nos soportais do campo de fútbol ás 21 h, como broche de ouro haberá degustación de castañas e música para amenizar.
Durante a cea entregarase o agasallo ó gañador do Certame Fotográfico "Unha Coruña de Foto".