Secretaría

Data das probas de acceso a ciclos de grao medio: XOVES, 31 DE MAIO

data probas acceso grao medio.png
21 de maio de 2018
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio, convocadas mediante a Orde do 22 de xaneiro de 2018 (DOG 8 de febreiro de 2018), terán lugar o xoves 31 de maio de 2018.

Os horarios das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio son seguintes:

- Presentación:

►Ás 9.00 horas.-

- Parte matemática e parte sociolingüística da proba:

►Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).

- Parte científico-técnica da proba:

►Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía)

Importante! As persoas inscritas deberedes presentar, para a realización da proba, o voso DNI e a copia da folla selada da solicitude de inscrición.

Os materiais que se poden empregar para a realización das probas son: bolígrafos de tinta negra ou azul. Na proba de tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos

Para consultar as instrucións que debedes seguir para realizar correctamente as probas de acceso podedes pinchar aquí

Se queredes podedes consultar os lugares e sedes que vos foron asignadas para realizar as probas. As persoas que presentástedes solicitude no IES Calvo Sotelo e estades admitidas para a realización destas probas tedes asignado a sede: CIFP Someso

Outras novas