Secretaría

Publicación a Oferta formativa de Formación Profesional para o curso 2018-2019 en centros públicos


venres, 22 de xuño de 2018

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.

Asimesmo publicouse a Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.

Nota: Nas seguintes ligazóns pode consultar os mapas da oferta de formación profesional para o curso académico 2018/2019:

Outras novas