Secretaría

PUBLICADAS LISTAXES DA 3ª ADXUDICACIÓN NOS CICLOS FP. PRAZOS DE MATRÍCULA. CURSO 2023-2024


venres, 1 de setembro de 2023

A Consellería de educación ven de publidar as listaxes da 3ª adxudicación ordinaria nos ciclos formativos de formación profesional.

prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 1 ata as 13:00 horas do mércores 6 de setembro de 2023.

 

Co fin de garantir a confidencialidade cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC) nas listaxes. O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas  listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision:

  1. Instrucións para obter o código persoal de consulta
  2. Acceso á aplicación informática

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A documentación necesaria para facer a matrícula no IES Rosalía Mera podedes atopala no seguinte enlace MATRÍCULA DE ALUMNADO 1º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2023-2024 

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional ou  vía web (pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP")

 

PARA CONSULTAR AS LISTAXES  PODES ACCEDER Á PÁXINA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A TRAVÉS DO SEGUINTE ENLACE:

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. 3ª ADXUDICACIÓN ORDINARIA. CONVOCATORIA CURSO 2023-2024

Outras novas