Residencia

ACTIVIDADE ESPECIAL 1 DE NOVEMBRO

cartel-actividades-festivo-1-novembro-2023.jpg

O alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá gozar neste festivo dun programa especial de actividades.

Debido á previsión meteorolóxica, a actividade de escalada en rocódromo queda anulada, pero poderán poñerse ao volante dos trickers competindo por ser os/as máis rápidos/as do circuíto. Ademais, tamén poderán participar nunha actividade de iniciación ao tiro con arco, onde coñecerán os principios básicos desta disciplina para ver quen afina máis a puntería.

Para rematar a xornada, celebrarase unha nova edición do torneo de brilé, enmarcado dentro da actividade Torneos Multixogos. Unha actividade máis que sinxela pero que proporciona niveis garantidos de competición e risas.