Os horarios das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio son seguintes:
- Presentación:
►Ás 9.00 horas.-
- Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
►Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).
- Parte científico-técnica da proba:
►Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía)
Importante! As persoas inscritas deberedes presentar, para a realización da proba, o voso DNI e a copia da folla selada da solicitude de inscrición.
Os materiais que se poden empregar para a realización das probas son: bolígrafos de tinta negra ou azul. Na proba de tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos
Para consultar as instrucións que debedes seguir para realizar correctamente as probas de acceso podedes pinchar aquí
Se queredes podedes consultar os lugares e sedes que vos foron asignadas para realizar as probas. As persoas que presentástedes solicitude no IES Calvo Sotelo e estades admitidas para a realización destas probas tedes asignado a sede: CIFP Someso