Secretaría

Publicación dos prazos do proceso de admisión e matrícula nos Ciclos Formativos de FP 2018-2019

admision e matriucla-2018-2019.png
Venres, 8 de xuño de 2018

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ven de publicar o calendario cos prazos do proceso de admisión e matriculación nos Ciclos Formativos de FP para o curso 2018-2019.

Se estás interesada ou interesado en cursar un ciclo formativo de Grao Medio ou Grao Superior de FP  e queres obter información xeral sobre a admisión e matriculación para o curso 2018-2019 nas ensinanzas de FP conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior podes consultar o seguinte enlace da páxina da Xunta .

Apunta as datas que aparecen neste calendario e presenta a túa solicitude de admisión en prazo.

CALENDARIO DE PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

NOTA: A data de presentación de solicitudes no período ordinario de admisión está prevista que sexa entre o 25 de xuño e o 3 de xullo ás 13:00 horas!!

Outras novas