Secretaría

Carnés profesionais: Convocada a 2ª parte da proba de guindastre móbil autopropulsado (categoría B) para o 20 de xuño

grua.jpg
luns, 18 de xuño de 2018

Carnés profesionais. Convocatoria 2ª parte proba guindastre móbil autopropulsado, categoría B. Convocatoria ordinaria 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de Publicar a  listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Se estás a participar nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018 podes consultar a listaxe no seguinte enlace: Ver listaxe

O chamamento para a realización da 2º parte da proba de guindastre móbil autopropulsado terá lugar o mércores 20 de xuño ás 10:00 horas no seguinte enderezo:

GRÚAS NORTE, San Marcos (estrada do aeroporto), 70
15890 Santiago de Compostela
A Coruña.

 

Outras novas