Secretaría

Martes, 3 de xullo: último día para solicitar a admisión en Ciclos Formativos de FP e matricularse no 2º Curso de CFGM e CFGS


xoves, 28 de xuño de 2018

PORQUE É IMPORTANTE que anotedes nas vosas axendas o  martes, 3 de xullo?

1º) Porque ás 13.00 horas remata o prazo para as persoas interesadas en presentar  solicitudes no proceso de admisión nos ciclos formativos de Grao Medio e Superior de Formación Profesional para o curso 2018-2019 para cursar 1º curso, así como para o alumnado repetidor de 1º curso.

2º) Porque ás 13.00 hroas remata o prazo do alumnado que accede ao 2º curso de CFGM e CFGS, ou repite 2º ou accede ás FCT,  para presentar matrícula do curso 2018-2019  no Centro de ensino. De non facelo neste prazo perderá o dereito á reserva de praza.

Recordamos neste vídeo os ciclos formativos que oferta o IES Calvo Sotelo

https://youtu.be/0lWAR5q00eQ

Outras novas