Residencia

ACTIVIDADES DE NADAL

cartel-xantar-e-actividad-nadal-20-decembro-2023-01-01-01.jpg

Durante as dúas próximas semanas a residencia do IES Rosalía Mera tínguese da maxia do Nadal coa realización de diferentes actividades con motivo das próximas celebracións do Nadal.

Hoxe luns 11 de Decembro de 2023 o alumnado da residencia poderá gozar dunha saída pola cidade para percorrer as rúas e admirar as luces e decoración do Nadal en grupo. 

O vindeiro xoves dentro da actividade Recreando o alumnado poderá participar nunha nova actividade de cociña, inspirada polo Nadal. Aprenderán a preparar unhas piñas de chocolate, unha sobremesa lambona en grao sumo do Nadal.

Para finalizar ao grande o mércores 20 de Decembro de 2023 celebrarase un xantar especial para continuar cunha actividade con inchables no pavillón do IES. Xa esa mesma noite poderán gozar dun show de improvisación no teatro do IES a cargo do grupo "Os Improvisantes".