Residencia

Visita ao CPAP de Bergondo

cpap.jpg

Un grupo de residentes acudirá ás instalacións do Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo, destinado ó tratamento e a mellora da autonomía en persoas con diferentes tipos e graos de discapacidade física ou sensorial e persoas con dano cerebral adquirido.

Alí, poderán desfrutar dunha visita guiada polo centro coa finalidade de coñecer o traballo que se desenvolve nas diferentes áreas asistenciais e participarán nuns obradoiros de sensibilización e concienciación sobre a importancia da seguridade nos diferentes eidos da vida cotiá.