Residencia

Curso Defensa Persoal

defensa persoal marzo-abril 2019-01.jpg

Os luns 25 de marzo e 1 de abril de 2019 realizarase un curso de defensa persoal para os/as residentes no IES Calvo Sotelo.

Este curso procurará amosar que a defensa persoal fundaméntase no respecto cara os demais, a disuasión da agresión, impedir ferir...  Trátase de que os/as participantes adquiran unhas ferramentas básicas para poder actuar en caso de necesidade de defenderse. Na defensa persoal conflúen técnicas de moitas e moi variadas artes marciais como o judo, karate, taekwondo, aikido, etc.