A Consellería de Educación de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.
O prazo de presentación para participar nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
As persoas que teñades polo menos dezanove anos e non cumprades os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior podedes participar nestas probas de acceso que se dividen en dúas partes
Para participar nestas probas podedes acceder, a través da páxina da Xunta, á Ligazón da aplicación informática que dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición telemática a ciclos formativos de grao superior e ao Calendario das probas de acceso
A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) é a Orde do 26 de xaneiro de 2021 (DOG 26 do 9 de febreiro)
Se queredes máis información sobre estas probas de acceso a ciclos superiores de FP podedes consultar a CONVOCATORIA 2021