Residencia

"EXPRÉSATE": RELACIÓNS TÓXICAS

cartel-relacions-toxicas-23_1_24_mesa-de-trabajo-1.jpg

Hoxe o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera poderá participar nunha nova sesión da actividade "Exprésate" que abordará as Relacións Tóxicas.

Ó longo da sesión traballaranse conceptos como os tipos de amor, o namoramento, a afectividade, a sedución e os estereotipos. Conversaremos sobre os mitos do amor romántico e da sexualidade; e sobre o que é unha relación saudable, como identificar unha relación tóxica e que facer para saír dela.